Friday 17 de May de 2024

‘Dúas donas que bailan’ de Teatro do Atlántico hox na Mostra de Teatro de Cariño


Mañá, ás 22:15 horas, será a quenda para Companhia do Chapitô (Portugal) con ‘ Electra’.

Hoxe, xoves 19 de agosto, a partir das 22:15 horas Companhia do Chapitô interpretará no Auditorio Municipal ‘ Electra’, a cuarta representación teatral para público adulto da XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño.
Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París e con finalizar unha colección de cómics da infancia, para a que só lle falta un exemplar, resístese a abandonar o piso no que habita, a pesar das presións dos fillos, cos que non mantén moi boa relación, e tamén da axencia inmobiliaria propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda.
A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia a facer os labores domésticas na casa dúas veces por semana.
A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias para aceptar o traballo. O seu carácter contestatario non ten nada que envexar se o comparamos co da vella, outrora unha muller rebelde e activista.
A presenza desta muller non é ben recibida, e cada xornada convértese nun inquietante e por veces cómico “toma e daca”, que vai evolucionando sorprendentemente a cada pouco.
Mañá, venres 21 de agosto, ás 22:15 horas, Companhia do Chapitô (Portugal) representará no Auditorio Municipal a súa obra ‘ Electra’. A entrada custa cinco euros e poden conseguirse no Auditorio desde unha hora antes da función. Podes consultar toda a programación na web do evento
https://www.mostrateatrocarino.gal/programa/ XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño
A XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño, decana de Galicia, celébrase do 9 ao 21 de agosto e un ano máis non falta á súa cita aínda que nesta ocasión farao dun modo diferente, adaptándose ás circunstancias sanitarias actuais a través dun protocolo de hixiene e prevención #ante a COVID-19.

As mellores compañías teatrais de público infantil e adulto actuarán durante dúas semanas en diferentes espazos do municipio: o auditorio municipal, a Praza do Campín, o local social da casa do concello e de modo itinerante polas rúas do municipio. O teatro na rúa, na Praza do Campín, seguirá sendo gratuíto pero desenvolverase nun recinto pechado ao aire libre para o que se necesitará reservar entrada para acceder.
Prezos
Os prezos para as obras que se representarán no auditorio son de 1 euro para o teatro infantil e 5 euros para o adulto. Hai dispoñible un bono de 20 euros que permite a entrada a todas as funcións da noite. Para as obras ao aire libre é necesario reservar en www.reservas.gal xa que o aforo é limitado.
Protocolo sanitario
Unha das principais medidas que tomou o Concello teñen que ver coa organización: durará dúas semanas en lugar dunha co obxectivo de reducir o número de funcións diarias para evitar aglomeracións e facilitar a desinfección dos espazos.
Será obrigatorio usar a máscara nos espectáculos, durante todo o tempo que se permaneza dentro das instalacións. Haberá dispensadores de xel hidroalcohólico para o público e unha empresa especializada certificará a limpeza e desinfección dos espazos. O persoal acomodador encargarase de colocar aos asistentes e nos espazos de representación instalaranse carteis coas instrucións para seguir.
Ademais, o aforo do auditorio estará reducido á metade e restrinxirase o acceso a todas aquelas persoas que presenten algún síntoma compatible coa COVID-19: febre, tose, dificultade respiratoria…